InicioRegionalCAMPO LAMEIRO RECUPERA A MÍTICA “FESTA D@S MOZ@S DESPOIS DE 30 ANOS...

CAMPO LAMEIRO RECUPERA A MÍTICA “FESTA D@S MOZ@S DESPOIS DE 30 ANOS DESDE QUE SE REALIZOU A ÚLTIMA

O Concello de Campo Lameiro recuperará despois de 30 anos a celebración da Festa d@s Moz@s que terá lugar o vindeiro domingo 4 de setembro e na que participarán artistas e agrupacións musicais galegas da talla de Manoele de Felisa, A Banda de Balbina, A Roda e Astarot.

O Concello de Campo Lameiro aproveitará esta celebración para recuperar a memoria daqueles homes e mulleres que foron pioneiros na organización deste evento que supuxo un fito para a normalización e promoción da musica galega e en galego nos finais dos anos 70, nos 80 e principios do 90.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, manifestou a súa satisfacción por recuperar este evento que puxo no mapa cultural, musical e folclórico a este concello e que serviu para que artistas e agrupacións da talla de Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, Milladoiro, Xocaloma, Brath, A Quenlla, Buxán e mesmo A Roda ofreceran concertos na etapa deste festival iniciado no ano 1977 e continuado de xeito ininterrumpido ata o ano 1982, despois houbo varias ausencia ata realizar o derradeiro da súa saga no ano 1992, hai agora 30 anos.

Carlos Costa lembrou con especial emoción “aqueles anos nos que pasaba por Campo Lameiro o mellorciño da música que había en galego naquel momento no país. Viña xente de todas partes e a carballeira quedábase pequena para escoitar aqueles grupos e cantantes que recuperaban a nosa fala para os grandes concertos sen complexos e mesmo protagonizando un rexurdimento musical longamente calado polos anos da dictadura”.

 

Últimos artículos

Udal zerbitzuek ordutegi berezia aste santuko oporretan

2024 / 03 / 25 Martxoaren 28tik apirilaren 7ra bitartean ...

Fin de semana santo celebrado con éxito y participación en Quintanar de la orden

El viernes 23 de marzo, Viernes de Dolores, tuvo lugar en el Convento de...

Quizá también te guste